As Xuventudes Socialistas xunto coa Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos, e a súa equipa de Goberno, a iniciativa do Banco Público de Aluguer, que pretende converter á Xunta de Galicia en intermediaria entre arrendatarios e arrendadores.
Esta banco galego de vivenda serviría de garantía ante os propietarios de vivendas baleiras, mentres que lle alugaría a quen o precisase un piso en boas condicións a un prezo, como máximo, equivalente ao 30% dos ingresos do solicitante.
A organización estima que “en Lugo cidade hai máis de 10 mil vivendas baleiras, e 2 mil persoas solicitantes de vivenda pública, polo que o Banco Público de Aluguer é a resposta aos nosos problemas”. A isto cómpre sumarlle os recentes datos do padrón, onde se confirma o aumento en poboación da cidade xunto co estudantado universitario, “os principais factores da demanda existente”.
Yago Atadell, secretario xeral local de XSG, lembrou que “Lugo é das cidades onde sube máis o prezo do aluguer, nos últimos 10 anos un 67%, unha cifra que nos impide a moitos xoves pensar nalgún proxecto de vida”
Xurxo Doval, secretario xeral de XSG, defendeu que “esta medida axudaría aos milleiros de lucenses que non se poden emancipar por mor dun salario baixo e que sube pouco”. “En Galicia, 1 de cada 2 galegos cobramos o SMI ou menos, precisamos deste salvavidas”, engadiu o líder mozo.
Paula Alvarellos, alcaldesa de Lugo, afirmou que “o Concello de Lugo destina 13 millóns de euros aos servizos da Xunta que esta non paga, 13 millóns de euros que se poderían destinar ben en vivenda”, nunha referencia á presión que viven os municipios ao asumir competencias impropias. “Co Banco Público de Aluguer, o Concello tería máis facilidade para localizar as vivendas baleiras e as súas condicións de habitabilidade”, engadiu a rexedora local.