O PP de Cervantes denuncia que o equipo de goberno lles restrinxe o acceso telemático aos expedientes dos asuntos que van a pleno

Os populares víronse obrigados a abandonar o plenos dos Orzamentos para o ano 2025 ante as continúas trabas do goberno local para acceder á documentación das sesións plenarias

O Partido Popular de Cervantes denuncia  Cervantes denuncia que o alcalde non lles dá acceso aos expedientes dos asuntos que van a pleno. “É unha situación que se repite dende o inicio da lexislatura: o equipo de goberno socialista restrinxe o acceso telemático á documentación dos asuntos a tratar nos plenos”, explica o voceiro popular, Óscar Fernández. 

Os concelleiros populares aseguran que, tras ano e medio de realizar múltiples queixas á alcaldía e de poñer en coñecemento esta continúa problemáticaaos servizos de secretaría, “chegamos ao último pleno do ano, o dos Orzamentos para o 2025, sen poder acceder unha vez máis á documentación a través da sede electrónica, o que nos obrigou a abandonar o pleno”.

O Concello de Cervantes, como os demais concellos de Galicia, conta con esta plataforma para que, entre outras funcións, os concelleiros podan examinar de xeito telemático os asuntos que van a pleno en aras de lograr un aforro económico e da operatividade no traballo municipal.

“Dende o PP de Cervantes solicitamos ao equipo de goberno que deixe de entorpecer o noso traballo. Agardamos que así sexa”, finaliza Óscar Fernández.

Comparte éste artículo
No hay comentarios