O vindeiro 7 de Xaneiro, Rianxo homenaxeará un ano máis ao seu fillo predilecto, ao pai da patria galega, á figura de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao no 75 cabodano do seu pasamento, con un programa de actos que afondaran na súa lembranza.
A xornada comezará ás 18:30 horas, cunha ofrenda floral no busto de Castelao situado no paseo marítimo rianxeiro. O mesmo busto que fora doado en 1974 polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo, e que hoxe 49 anos despois, forma parte da relación de entidades Alén Mar que xunto ao Partido Galeguista -o mesmo que fundou e do que participou ata o seu pasamento o Presidente Castelao- preparan unha serie de actos que verán a luz, non só na Galicia Territorial, senón tamén na Galicia Alén Mar, da Arxentina e Uruguai.
Posteriormente, ás 19:00 horas, celebrárase un acto relixioso na Igrexa parroquial de Santa Comba, en lembranza de Castelao e a súa familia.![]()
Que a fogueira do espírito siga quentando as vosas vidas e a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares». Castelao «Alba de Gloria». Viva Galicia! Viva Castelao! Saúde e Terra !
Con este primeiro acto do 2025 na lembranza do Primeiro Presidente de Galicia, o Partido Galeguista e as entidades de Alén Mar que conforman a comisión «2025 Ano de Castelao«, queren destacar a relevancia de Castelao como unha figura clave e de referencia obrigada para entender e comprender a identidade de Galicia como nación, e por conseguinte os dereitos que nos corresponden como pobo diferenciado no conxunto dos demais pobos da Península Ibérica, de Europa e do Mundo.
Os galeguistas sentímonos orgullosos de formar parte desa Galicia Universal !!