As parroquias lucenses protagonizan o calendario elaborado dende o Arquivo do Concello de Lugo para o ano 2025 

A nova edición «a terra entre as mans», recolle imaxes e documentos históricos relacionados co rural e o entorno da cidade

A edil de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, presentou o calendario de 2025 editado pola área de Participación e elaborado con imaxes pertencentes aos fondos do Arquivo Municipal. Este ano, baixo o título a terra entre as mans, recóllense imaxes e documentos históricos relacionados con distintas parroquias de Lugo.

A concelleira de Participación afirmou que «dado o éxito das pasadas edicións deste calendario, mantemos o noso compromiso con este proxecto para dar visibilidade á historia do rural de Lugo».

López quixo facer especial fincapé «no papel dos nosos antepasados e da súa importante labor que continúa a chegar ata o presente, todo en parte grazas á información que poden proporcionar as imaxes antigas sobre a vida cotiá, as tradicións e a cultura doutras épocas».

Todas as persoas interesadas poden recoller o seu calendario retirarse nas oficinas da área de Participación.

Comparte éste artículo
No hay comentarios