Luis Menor destaca a “innovación” na prestación de servizos nas áreas industriais durante a inauguración do estacionamento seguro de San Cibrao das Viñas

O presidente da Deputación de Ourense puxo en valor esta iniciativa, naque a institución provincial financiou o 40% do investimento, cualificándoa de “área pioneira”.

O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, participou nainauguración oficial da área de estacionamento seguro e protexido do Polígono de San Cibrao das Viñas, da que xa poden desfrutar osprofesionais do transporte de mercadorías. Trátase de 59 prazas de aparcamento con tódalas medidas de protección, mellorandoespecialmente a seguridade das mulleres conductoras.

A Deputación de Ourense reafirma con esta iniciativa o seu compromisoco impulso ao desenvolvemento das áreas industriais, dixo Luis Menor, a través de servizos como este, que dan resposta ás demandas dos empresarios ourensáns.

O presidente provincial destacou o desenvolvemento das áreasindustriais como “obxectivo estratéxico da Deputación” e asegurou que o novo estacionamento “será un exemplo de iniciativa pioneira en Ourense e Galicia”.

Menor tamén fixo fincapé na senda de cooperación que caracteriza á Deputación. Neste caso, a institución provincial financia o 40% das obrascon 200.000 euros, aportando o resto dos fondos a Xunta de Galicia, cuninvestimento total que acada os 500.000 euros. “Non hai Deputación que faga tantos acordos e compromisos coa Xunta como a de Ourense”, destacou o presidente provincial.

Menor tamén puxo en valor a innovación do emprendemento ourensá. Neste sentido, Menor apuntou: “Como institución, non imos mirar caraoutro lado cando se trata de apostar por un dos ámbitos que fai medraresta provincia”.

Así, o presidente provincial desexou que o 2025 tamén sexa o ano no que se poña en marcha a estación de mercadorías, proxecto clave “para que a industria ourensá poida ser máis competitiva”.

Tamén engadiu outras reivindicacións como a depuradora, a conexióncoa A-52 ou a propia ampliación do chan industrial do Polígono de San Cibrao das Viñas.

“Ourense ten unha clara vocación industrial.  A ampliación do polígono é unha necesidade”, dixo Menor, atendendo ás demandas dos empresarios.

Un dos polos industriais de maior movemento

Esta nova infraestrutura é unha demanda histórica dos profesionais do transporte. A Asociación de Empresarios do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas reivindica con este proxecto a solución para aliviar o exceso de vehículos pesados nos viais, proporcionándolle un lugar de estacionamento seguro.

Esta área rexistra un movemento anual de mercadorías superior aos tresmillóns de toneladas, convertíndose no principal polo industrial da provincia e un dos maiores de Galicia.

A posta en marcha mellorará as condicións de descanso dos traballadores, cun servizo que ademais favorece o relevo xeracional naprofesión e a incorporación da muller a un colectivo fortementemasculinizado.

Comparte éste artículo
No hay comentarios