A plataforma de CRTVG, AGalega, vén de estrear unha nova minserie na súa sección de contidos para a xeración Z: “Contando Historias”. A través de cinco episodios divulgativos, explóranse distintas conexións entre o pasado e o presente nun ton dinámico e cunha linguaxe desenfadada.
Este novo programa demostra que pasado e presente comparten moitos máis puntos en común dos que imaxinamos nun inicio, e que estamos máis preto do que pensamos e de formas nas que nunca pensaramos. Así, abórdanse cuestións como a evolución do comercio marítimo, cantas veces se pensou que chegaría a fin do mundo, en que se parece a COVID á peste negra, o papel do viño na sociedade medieval e na actualidade ou que elementos da cultura xudía siguen presentes no noso día a día.

Todo isto cóntao a presentadora Xulia Lomba, xornalista graduada pola Universidade de Santiago de Compostela que conta cunha destacada traxectoria dentro da Televisión de Galicia. Tamén e cofundadora de ACOUSA, unha revista galega de lifestyle en liña, a cal ten xa tres anos.
“Contando Historias” é un formato creado por Brava, unha produtora galega emerxente liderada por Cristela Torres e Bea Villar. Brava produciu xa varios contidos para AGalega, como Raíña-me! (Álvaro González, 2024) ou a segunda temporada de Pringadas (Belén Puime, 2024), e outros proxectos como A moza que abortou e o contou (Eire Cid, Rosalía Quiroga, 2024), webserie gañadora do Premio a proxecto Carballo Interplay 2023.
Es una pena que con el formato original del programa lo presente una persona que no vocaliza bien