O PP pide aos alcaldes de Arzúa, Melide e Santiso que deixen de “facer demagoxia” con Altri e lembra que non acatar os informes é prevaricar

 “Espero que na súa xestión diaria cumpran a lei, de non ser así, lles aguro moitos problemas na súa labor como alcaldes, pero o que creo que non lle perdoarán os seus veciños é o feito de que, por defender intereses partidistas, poidan prexudicar o futuro económico e social da comarca”, apuntaron.

O Partido Popular da provincia da Coruña reclamou aos rexedores dos concellos de Arzúa, Melide e Santiso que deixen de “facer demagoxia” con Altri e coa mina de Touro.  Nunha reunión na que participou o deputado autonómico voceiro de Industria, Rubén Lorenzo, e os responsables populares nos municipios de Arzúa, Melide e Santiso, Rafael Rivadulla, Dalia García, Víctor Pereiro, o concelleiro de Palas de Rei, José Ramón García, e o alcalde de Monterroso, Eloy Pérez, os populares cargaron contra aqueles que “tratan de intoxicar” á cidadanía con declaracións que, na súa opinión, están moi lonxe da realidade. 

A xente ten que estar tranquila. Estamos a falar dun proceso totalmente regulado sobre a instalación dunha empresa que ten que cumprir uns requisitos”, din os populares.

Neste sentido, desde o PP móstranse “moi sorprendidos e preocupados”despois de escoitar como os rexedores destes municipios instan á Xunta de Galicia a prevaricar. “Pedir a unha administración que non siga os trámites correspondentes é pedirlle que prevarique. Estamos a falar dun asunto moi grave”, indicaron.

Os populares aproveitaron tamén para subliñar que “todo ten os seus prazos”, en referencia a que a Xunta de Galicia está á espera de recibir toda a documentación para levar a cabo a declaración de impacto ambiental correspondente. “As cousas levan o seu tempo. Estamos ante un proxecto complexo é necesario recibir toda a documentación, darlle a oportunidade á empresa a que faga as alegacións correspondentes e logo tomarase unha decisión”, afirmaron.

Mirar polo ben común

Á espera de coñecer os informes e de saber se a empresa cumpre ou non coas esixencias legais, os populares lamentaron que os alcaldes de Arzúa, Melide e Santiso estean máis ocupados de “defender as súas cores política” que de analizar en profundidade a necesidade de dotar á comarca de proxectos industriais que permitan consolidar á poboación que vive na zona e, de paso, converter á comarca nun “motor económico” que logre atraer a máis xente.

Espero que na súa xestión diaria cumpran a lei, de non ser así, lles aguro moitos problemas na súa labor como alcaldes, pero o que creo que non lle perdoarán os seus veciños é o feito de que, por defender intereses partidistas, poidan prexudicar o futuro económico e social da comarca”, concluiron.

Comparte éste artículo
No hay comentarios