Xa está aquí o NÚMERO SEIS do noso boletín informativo «CONTIGO LUGO», un espazo no que rendimos contas do traballo realizado polo Grupo Municipal do PP e, ao mesmo tempo, reforzamos a nosa conexión coas veciñas e veciños de Lugo.
Na PORTADA deste número se aborda un tema moi especial e importante para a nosa cidade: a creación dun centro pioneiro en saúde mental no antigo edificio de ASPNAIS. Un proxecto que formaba parte do noso programa electoral. «Pasamos das palabras aos feitos, conseguimos unha dotación para Lugo, 80 prazas para centro de día e residencial, para persoas con esta doenza «. Esta boa nova para Lugo non só é un avance no ámbito da saúde mental, senón que tamén reflicte o modelo de xestión que defendemos no Partido Popular: poñer ás persoas no centro das nosas accións políticas.
Este boletín tamén é unha oportunidade para agradecer dende o Grupo Municipal A COLABORACIÓN DA XUNTA no progreso de Lugo e para reafirmar o noso compromiso co benestar e o futuro do municipio.
Así na sección O QUE CONSEGUIMOS NO ÚLTIMO TRIMESTRE destacamos:
1. A construción de 146 pisos de promoción pública en Garabolos
2. 2,5M€ para impulsar dotacións sociais na Milagrosa
3. Melloras na protección do patrimonio por valor de máis de 3 M€ (problemas de humidades Catedral)
4. Restauración do tellado da capela do Carme
5. Avances para a nova comisaría (pleno extraordinario) ainda estamos agardando que PSOE e BNG digan como van conseguir a superficie que se necesita
6. Recuperación dos lagos de Teixeiro; camino de acceso a Ruade; senda peoníl en Ombreiro e melloras de seguridade viaria en Castelo
7. Lugo volverá a ser a sede do mundial de motocross en Maio
8. Liña conecta, con máis buses para A Coruña e a Mariña
9. 500.000 € para o Museo da Romanización
– Neste número tamén recordamos como: Informes dos servizos que velan pola legalidade no concello afirman que se está incumprindo a lei de contratos. Chegan ata o punto de acordar entre eles ausentarse dúas horas para que, nese tempo, un firmara a do outro
– Un exemplo da mala xestión é a sorprendente cifra do grao de execución do plan de investimentos, que non chega nin ao 17%. Un feito que demostra a falta de compromiso do goberno municipal co futuro de Lugo. Este é o dato do apartado SABÍAS QUE?
Ademais, como é habitual, no boletín atoparemos outras seccións nas que DESMONTAMOS AS MEDIAS VERDADES do goberno local. Son exemplos que avalan que estamos diante dun PSOE que non escoita e que bloquea e dun BNG que se sigue poñendo de perfil e facendo oposición en vez de traballar por Lugo:
– Centro de saúde do Sagrado Corazón conseguimos que a alcaldesa rectificase na súa idea de levalo fóra do barrio
– Presumen de boa xestión no urbanismo cando o prazo medio de tramitación de lienzas supera o ano en zona urbana e os dous no rural.
– Seguen os problemas coas reparación de fugas froito do desmantelamento da brigada e dos continuos parches no servio
– Minimizan problemas de seguridade en barrios como a Milagrosa e prometen por sétima vez plans de rehabilitación.
– Falta de sensibilidade coas entidades sociais no sacan bases de subvencións de concorrencia competitiva
– Siguen sen atender a necesidade de crear aparcadoiros para barrios tan tensionados como Fontiñas
– No rural non faciita terreos para a colocación de antenas e nin aceptan ampliar o convenio coa Xunta para ampliar e dotar de abastecemnto a Esperante
– A Escola de Música sigue pechada, o Parque infantil López Mella sen actividade, esmorece a Banda malia o nomeamento do director.
– Centros educativos con problemas de mantemento. Seguimos agardando pola regulación para utilizar os aparcamentos dos Institutos de fora segura e garantido a convivencia coa comunidade educativa
– Perden unha achega de 9.000 € para que a praza sexa un Mercado de Excelencia.
No apartado Accións na Rúa, destacamos a mellora do barrio da residencia, un espazo que a Xunta de Galicia, co esforzo inversor, mellorou significativamente. Agora, para revitalizar este barrio, precisamos enchelo de vida, e neste proceso tamén estamos a colaborar de forma activa.
Na contraportada, facemos un repaso do ano 2024 e do “traballo que non se ve” que realiza o Grupo Municipal do PP así como das accións conxuntas co Partido.