O Partido Popular de Lugo propón un aparcadoiro disuasorio provisional no barrio de Paradai

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo anuncia unha nova iniciativa que leva ao Pleno Municipal para mellorar a mobilidade e atender unha necesidade de crear máis prazas de aparcamento no barrio de Paradai: habilitar un aparcadoiro disuasorio provisional no terreo situado entre as rúas Sil, Pombal e Ferro Caaveiro.

O vicevoceiro popular Ramón Cabarcos insiste en que “humanizar unha cidade vai máis alá de cambiar pavimentos. Significa crear espazos sostibles, con circulación fluída e alternativas de aparcamento cómodas, pensando sempre nas persoas.”

O terreo onde os populares proponen actual está na actualidade  infrautilizado e conta unicamente cun edificio residencial e unha pequena zona verde. Desde o Partido Popular consideran que, mentres non se desenvolva definitivamente, é imprescindible dárlle un uso práctico que responda ás necesidades da veciñanza. “Sabemos que nesta área, como en moitas outras de Lugo, hai unha gran demanda de prazas de aparcamento,” apuntan.

A proposta “non require grandes investimentos, só vontade política para facela realidade. É unha solución de sentido común que responde a unha demanda veciñal,” sinalan desde o grupo municipal.

Ademais, esta proposta enmárcase nunha folla de ruta máis ampla dos populares para mellorar a mobilidade en Lugo e que contempla a creación dunha rede de zonas de aparcamento, tanto en superficie como en altura, repartidas estratexicamente por toda a cidade, co obxectivo de ofrecer solucións reais aos problemas de aparcamento que afectan a numerosos barrios.

Comparte éste artículo
No hay comentarios