A veciñanza de Lugo segue padecendo a falta do contrato para atender avarías de auga fóra do horario convencional. A día de hoxe segue este documento ainda non se asinou, o que agrava os problemas existentes e perpetúa solucións provisionais como permanentes:
Na comisión de Transición Ecolóxica que se celebrou hoxe o PP presentou varios exemplos gráficos desta situación caótica da xestión do servizo de augas:
• Nas rúas Azor e Illas Cíes e Alexandre Bóveda, conducións elásticas deixadas durante meses afectan o caudal, a presión e a seguridade peonil.
• Na rúa Mondoñedo, quedaron escombros tras unha obra inacabada.
• Na rúa Chantada, as inundacións continúan sen solución.
Ademais, o PP lamenta a falta de compromiso ambiental do go.Ademais, o PP lamenta a falta de compromiso ambiental do goberno local, como reflicte o escaso uso do colector marrón. En Lugo, só 347 veciños particulares están rexistrados neste servizo, recollendo 2.400 quilos de residuos orgánicos. Os restantes usuarios do colector marrón, ata chegar aos 584, son grandes produtores.
O BNG abandona o mantemento dos Colexios e rexeita fondos europeos para un programa para reducir a fenda dixital (Comisión de Cultura)
Confirmamos que o goberno local non se adheriu ao programa europeo de competencias dixitais, financiado polo plan Next Generation, que permitiría reducir a fenda dixital entre os nenos. Tamén lamentan o grave deterioro dos centros escolares do municipio por falta de mantemento en cuestións que son competencia do goberno local.
“É indignante que ignoren unha oportunidade histórica para avanzar en formación dixital e, ao mesmo tempo, desatendan as necesidades máis básicas dos nosos colexios”, afirma Javier Vázquez. Ademais, denunciou que as súas visitas aos centros educativos para escoitar aos directores parecen incomodar ao Goberno. “En lugar de molestarse, deberían tomar medidas urxentes para arranxar a situación”, concluíu.
Na comisión de cultura de hoxe pedimos arranxos de cuestións de mantemento que nos solicitaron diferentes centros educativos como o CEIP Quiroga Ballesteros; Escola Infantil Fingoi 2; CEIP Casás. O goberno local os tomou en consideración
A mesma resposta con respecto ao necesario o arranxo das fochancas no paso de peóns da rúa Concepción Arenal con Camiño Real, onde o goberno local xustificaba a súa demora con que reparan só 10 baches ao día, un ritmo de traballo que resulta insuficiente para atender o deterioro da rede viaria tras anos sen reparar.
Falta de dilixencia e compromiso na xestión das queixas e suxestións veciñais. (Comisións Suxestións)
Un servizo que debería ser unha ferramenta de proximidade e solución para os cidadáns converteuse nun exemplo de desorganización e desinterese.
A concelleira popular Mar Carballas explica que de 14 queixas e unha suxestión recibidas, 6 seguen sen contestar, e entre as 9 que responderon, 4 están relacionadas cun tema tan concreto como o reparto de entradas para un concerto, demostrando que non se priorizan os problemas estruturais que realmente preocupan aos veciños. Ademais, as 117 queixas pendentes fóra de prazo son unha proba máis da incapacidade deste goberno para dar resposta á cidadanía.
Como van confiar os veciños nun goberno que non só non resolve as súas preocupacións, senón que nin sequera cumpre cos prazos mínimos para contestar?