«Hai miles de mozos e familias galegas que están pendentes das axudas de 2024, asegura José Luis Calo coordinador UCIN Galicia. Son unhas cifras vergoñosas, a Xunta so conedeu ata o de agora o 24% das subvencións de alugueiro solicitadas polas persoas con rendas máis baixas, o prazo de tramitación das axudas sofre grandes atrasos e os pagos están a demorarse máis de seis meses, o que provocou casos de familias que as recibiron tras ser desafiuzadas”.
Unión de Cidadáns Independentes denuncia que a Xunta oculta os datos de vivenda para emerxencia social a pesar das advertencias da Valedora do Pobo. O atraso no pago das axudas ao alugueiro agrava as dificultades dos mozos galegos para emanciparse e familias en situación de necesidade. Neste sentido, UCIN
critica o silencio negativo como resposta ás solicitudes imposto pola Xunta de Galicia e que non se escuse no “número de solicitudes presentadas” para xustificar o seu atraso, xa que debe “dotarse de medios persoais suficientes para tramitar debidamente as solicitudes”. Calo, cualificou de “dramática” a falta de xestión da Xunta, “con miles de galegos, aos que non lles chegan as axudas”. “O artigo 47 da Constitución Española declara que todos os españois teñen dereito a gozar dunha vivenda digna e adecuada e atribúe aos poderes públicos a
obrigación de promover as condicións necesarias e establecer as normas pertinentes para facer efectivo este dereito”.