Este sábado preséntase no Auditorio do Museo do Pobo Galego ‘A última dorna de Ons’

Este sábado, ás 12:00 horas, preséntase no Auditorio do Museo do Pobo Galego A última dorna de Ons, do fotógrafo Anxo Cabada e o músico Antón Davila. Trátase dunha peza audiovisual na que os seus protagonistas son os illáns, e sobre todo Césareo Patiño, o último mariñeiro que nunca abandonou Ons e que hoxe, coa última dorna que queda na illa, fai un percorrido polas antigas técnicas de pesca do polbo que permitiron manter unha economía de subsistencia na illa. 

O documental sobre o Ons inmaterial, de 30 minutos de duración, contou co apoio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, da Xunta de Galicia, co Plan de Recuperación e Resilencia e cos Fondos Next Generation da EU.

Trala proxección haberá faladoiro, coa presenza dos autores do documental e o crítico de arte Carlos Bernárdez. 

Comparte éste artículo
No hay comentarios