Maite Ferreiro: “Lugo é unha das cidades con máis actividade cultural estendida durante todo o ano”

Ferreiro: «Este ano asumimos o obxectivo de ampliar aínda más a actividade ao contar co Auditorio Fuxan os Ventos entre os espazos abprogramar».

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, fixo balance da actividade cultural que
se celebrou en Lugo ao longo do ano 2024. Ferreiro afirmou que «seguimos a traballar para achegar a cultura a todos os públicos nos distintos espazos dispoñibles na cidade, cunha oferta variada e de calidade».

No ano 2024, as instalacións dependentes da área de Cultura acolleron  694 actividades culturais tanto nas principais instalacións – Auditorio  Gustavo Freire, Vello Cárcere, MIHL – como en espazos diversos da cidade 
como o Círculo das Artes ou as múltiples actividades de rúa. «Isto danos que, de media, as persoas de Lugo puideron desfrutar cada día de case dúas actividades culturais, cunha oferta ampla e variada», afirmou Ferreiro, quen declarou: «para o 2025 seguimos a traballar en ampliar a oferta cultural de Lugo, ao contarmos cunha nova instalación como é o Auditorio Fuman os «.

Esta programación cultural inclúe actividades de todo tipo durante a maioría dos días da semana. Concertos, representacións teatrais, presentacións de libros, exposicións, ou faladoiros que, segundo destacou Ferreiro, «permiten á veciñanza de todas as idades adentrarse e coñecer o mundo da cultura e de todas as súas ramas».

No ano 2024, o Auditorio Municipal Gustavo Freire acolleu 111 actividades organizadas directamente pola área de Cultura, onde se inclúen ciclos de teatro familiar, para público adulto e 1ª infancia, artes do movemento, maxia e circo ou música, ademais de 70 actividades organizadas por promotores privados. O Centro Cultural O Vello Cárcere e MIHL acolleron, ao longo do ano, 25 exposicións de diversos autores/as, xunto con 368 actividades culturais diversas como presentacións de libros, concertos, etc. Outros espazos acolleron 90 actividades,  concertos, actuacións teatrais, circo e outras celebradas tanto ao aire libre como en recintos como o Círculo das Artes. Ademais, o Lugo Cultural organizou 30 actividades ao longo do ano.

Comparte éste artículo
No hay comentarios