O colectivo publicará este venres, 31 de xaneiro, o cuarto avance do álbum, un tema hiper-pop titulado ‘ondas sonoras de xúpiter (24/7)’ que aborda a fase inicial do namoramento e no que renden homenaxe a Lola Flores
O álbum debut do colectivo creativo multidisciplinar resaca emocional xa ten data de estrea. O vindeiro 14
de febreiro ‘de amor’, que así se titula o novo traballo discográfico, verá a luz nas principais plataformas dixitais. A estrea do disco nesa data non é unha cuestión baladí: tal e como resaca emocional avanzou
estes meses, este LP, ateigado do xa característico son pop electrónico do colectivo, explora sentimentos coma o amor, a amizade ou a paixón en todas as súas formas.
Antes da estrea o vindeiro 14 de febreiro, resaca emocional publicará o 31 de xaneiro, ‘ondas sonoras de xúpiter (24/7)’, o cuarto e último adianto do disco, unha peza na que abordan a primeira fase do namoramento. O tema, que se poderá escoitar a partir das 00.00 horas do venres nas principais plataformas dixitais [2] e no que colabora JUANA, é unha canción ‘hiper-pop’ que se mestura con pinceladas ‘lo-fi’, xéneros contemporáneos cos que RSK non dubida en botar unha ollada cara atrás para render homenaxe a Lola Flores e citar o seu mítico verso “siempre a la verita tuya”. O lanzamento acompañarase dun videoclip que estará dispoñible (tamén desde o 31) na canle oficial de Youtube de resaca emocional.
cuarto sinxelo do LP _de amor_ afonda no universo emocional de RSK. Tras ‘bolboretas’, unha viaxe pop que equilibra a tensión entre o desexo contido e a catarse; ‘mario crush’, tema que explora a expresión do namoramento desde o punto de vista máis lúdico; e ‘sae o sol’, que aborda o nacemento dunha relación afectiva; agora chega ‘ondas sonoras de xúpiter’ (24/7), unha canción que aborda a “obsesión” da primera fase do namoramento, “que nace case coma unha adicción na que estás prendado as 24 horas e os 7 días da
semana”.
Que é resaca emocional?
Resaca emocional (RSK no seu nome curto) non é un grupo ao uso: é un colectivo conformado por artistas do eido da música e das artes visuais no que a comunidade é a clave dun proxecto atravesado polas
diversidades. Todes suman e forman parte dun espazo seguro que aposta pola creatividade e o traballo común sen importar a idade, identidade de xénero, orientación sexual ou condicionamentos mentais, sociais ou de saúde.