O Pazo de Mariñán acolleu esta mañá a presentación dos últimos avances do Plan Director en Galicia, que prevé un investimento de 4.561 millóns de euros ata 2030 para desenvolver as infraestruturas e impulsar a intermodalidade do transporte.
O Pazo de Mariñán acolleu esta mañá a presentación dos últimos avances do Corredor do Atlántico correspondentes ao Plan Director en Galicia. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, exerceu de anfitrión e clausurou un acto no que participaron o secretario de Estado de Transportes y Movilidad Sostenible, José Antonio Santano; o comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico, José Antonio Sebastián, que deron conta da evolución das actuacións executadas e programaddas para desenvolver as infraestruturas e mellorar a conectividade e o transporte de mercadorías e persoas na nosa comunidade.
Ao enocntro asistiron tamén presentes representantes do Goberno autonómico, organizacións empresariais, autoridades portuarias, empresas e cámaras de comercio, así como outros representantes económicos, institucionais e sectoriais.
Durante a súa intervención, Valentín González Formoso destacou que as “as infraestruturas son a palanca dunha mellor economía. Por iso, o dato adiantado hoxe polo INE,do crecemento do 3,4 do PIB en España no 2024 ten moito que ver cos investimentos como estes. Sobre todo porque son investimentos que consolidan a base do crecemento da economía, neste caso a galega”.
“Galicia é a porta de entrada e saída de mercancías cara América e eue Galicia sexa competitiva grazas ás súas infraestruturas portuarias significa que axuda a España a ser aínda máis competitiva nun ámbito económico tan importante como son as relacións transfronteirizas con América”, destacou o presidente provincial, para quen “ver que estes máis de 4.500 millóns de euros se invisten en Galicia indica que ese carácter exportador e esa fortaleza económica de Galicia vaise ver impulsada grazas á aposta do Goberno de España”.
O presidente recoñeceu que “as achegas nunca son suficientes”, polo que “non debe sorprender que cando se presenta o Plan Director todo o mundo se busque no mapa”. Sen embargo, apuntou que é preciso observar os datos con perspectiva para entender que nos atopamos ““nun momento histórico de investimentos” e agradeceu que o Ministerio elixira o Pazo de Mariñán como sede deste importante encontro co sector empresarial galego.
O Corredor Atlántico en Galicia
O Plan Director do Corredor Atlántico en Galicia programa un investimento de 4.561 millóns de euros ata 2030 para desenvolver as súas liñas. Desta cantidade total, 3.059 millóns corresponden a actuacións incluídas pola Unión Europea na rede básica. Mentres,1.502 millóns restantes representan as actuacións contempladas na rede global, previstas ata o 2050 pero que o Goberno de España decidiu anticipar ao 2030.
Entre as actuacións de maior relevancia na nosa provincia destacan a conexión ferroviaria do porto exterior da Coruña, que no 2026 estará unido por tren co porto interior grazas aos máis de 5 quilómetros de túneles que se están a construír, as melloras no eixo ferroviario Santiago-Ourense-A Gudiña, investimentos en aeroportos e actuacións en vías como a A-55, a AC-11 (avenida de Alfonso Molina da Coruña) e a AP-9. A nivel urbano, destacan a remodelación e urbanización das estacións intermodais de Santiago de Compostela e A Coruña.
Precisamente o comisionado do Goberno, José Antonio Sebastián, destacou a transcendencia das actuacións nas diferentes infraestruturas ferroviarias, viarias, portuarias e aeroportuarias como factor decisivo para desenvolver a intermodalidade en Galicia.
Pola súa banda, o secretario de Estado de Transportes y Movilidad Sostenible, José Antonio Santano, puxo en valor a transcendencia deste encontro, punto de partida do grupo de traballo creado polo Ministerio para axilizar os investimentos do Corredor Atlántico en Galicia. Dito grupo de traballo está presidido por Santano e ten en conta as aportacións dos diferentes axentes económicos e sociais da comunidade á hora de estudar e concretar posibles actuacións dentro do plan do Corredor Atlántico.
O Corredor Atlántico é un dos nove corredores que compoñen a rede transeuropea de Transportes (TEN-T) para unir a 27 países. O Corredor trátase dunha infraestrutura composta por transportes de estrada, ferrocarril, portuarios, aéreos, fluviais e multimodais para dar servizos a persoas e mercancías.
Formoso destaca lo que quiere creer o se está imaginando .Lo real es que éste encuentro en el Pazo de Mariñán ,no aporta ni clarifica nada .Todos sabemos que sin aportar el dinero y los puntos a los que se dedica cada partida ,no hay nada.Llevamos así demasiados años y al igual que el Presidente Zapatero aportaba 6.000 millones al Plan Galicia (que nunca llegaron),estamos asistiendo a «puestas en escena» de políticos para parecer que están resolviendo el tema del Corredor Atlántico sin datos reales ,que se convierte en lo de siempre ( sólo sirve de propaganda) .Para unir a los 27 Paises hay que contar con Francia que en principio parece que hasta el año 2.042 no hará las obras transfronterizas que debe y con ello la infraestructura de autovías para el transporte por carretera (entre otras) ,seguirá inconclusa..La previsión de 4.561 millones de euros para infraestructuras en Galicia nadie sabe de dónde sale esa cifra ni cuando se adjudicarán las obras por lo tanto el Gobierno Central mientras no ponga el dinero y lo adjudique ,seguiremos igual sin ver nada .La conexión con Europa seguirá siendo una ilusión de Valentín G.Formoso y no puede dar por hecho que los suyos desde el Gobierno Central están haciendo algo distinto a los anteriores gobernantes.Estamos ante lo mismo de siempre que se publicita muy bien quien lo afirma (como hace Valentín ),pero siguen sin rematar nada ni en ferrocarriles ,puertos o carreteras .Si este encuentro en el Pazo de Martiñan el Sr.Santano lo cree como punto de partida «do grupo de traballo» creado polo Ministerio » podía haberse presentado con datos de tramos asignados para ejecutar «,pero ha llegado a Galicia ,sin nada.Lamentablemente la transcendencia de este encuentro es nula y es una «puesta en escena» de 4 sujetos que no despistan a nadie en Galicia y seguiremos «a remolque» de Europa como siempre.Es optimista el Sr.G.Formoso afirmando que Galicia es la puerta de entrada y salida de mercancías cara a América y afirmar eso es una barbaridad más de las suyas.Nuestros puertos no son puertos de tal importancia para Europa y salvo Algeciras ,los demás no tienen capacidad ni infraestructuras adecuadas para equipararse a los grandes de Europa como Rotterdam o Hamburgo y tampoco hay interés del Gobierno Central en potenciar los puertos de Galicia asi que menos triunfalismos y a presentarse en los medios ,cuando se aportan datos en los que sustentar sus hipotéticos «avances» .A día de hoy estamos casi como al principio hace más de 15 años , el Plan Director del Corredor Atlántico sigue igual y seguirá inconcluso muchos años más.La cifra de 4.561 millones es una más de las muchas que pueden anotar pero la realidad es que no sabemos como son capaces de saber el dinero asignado con tanta exactitud esos directivos del Ministerio de Transportes y Valentín G.Formoso ,que nunca llegará a Galicia ,aunque de nuevo regresarán los siguientes directivos del Gobierno Central (cuando haya relevo) a repetirnos las mismas historias.