Javier Nogueira, novo presidente da Unión de Federacións Deportivas Galegas

A saída de Rafael Louzán (tras cinco anos no cargo) pola súa recente elección coma presidente da Real Federación Española de Fútbol, provocou a celebración de novos comicios na UFEDEGA (Unión de Federacións Deportivas Galegas). Javier Nogueira (1965, Moscoso, Pazos de Borbén) , ex-presidente da Federación Galega de Caza e un dos precursores desta alianza das federacións deportivas galegas, foi hoxe ratificado coma presidente pola xunta electoral. Javier forma parte dunha candidatura única, froito do consenso de moitas das federacións que forman a súa xunta directiva, entre elas:

Vicepresidencia: Federación Galega de Baloncesto

Vicepresidencia: Federación Galega de Piragüismo

Tesourería: Federación Galega de Ciclismo

Secretaría: Federación Galega de Balonmán

Vogal: Federación Galega de Salvamento e Socorrismo

Vogal: Federación Galega de Vela

Vogal: Federación Galega de Voleibol

Vogal: Federación Galega de Kárate

Vogal: Federación Galega de Pádel

Vogal: Federación Galega de Triatlón

Vogal: Federación Galega de Judo

Vogal: Federación Galega de Atletismo

Vogal: Federación Galega de Tekwondo

A Unión de Federación Deportivas Galegas conta con cincuenta e oito disciplinas asociadas e ten coma principal obxectivo o de fortalecer o deporte galego federado, dando soporte ás pequenas e medianas federacións deportivas de Galicia. Javier Nogueira quere identificar o seu proxecto co lema: “A Forza do Deporte Federado Galego”, o novo presidente de UFEDEGA amosouse moi ilusionado co novo proxecto: “ a verdade é que non mo esperaba, pero recibín a chamada dos meus ex-compañeiros e amigos, e eu son un namorado do deporte federado de Galicia e desta unión de federacións, non puiden dicir que non; queremos unir, queremos sumar e sobre todo queremos implicar a todas e cada unha das federacións na mellora do deporte galego”.

Javier Nogueira, que estivo once anos ao mando da Federación Galega de Caza, encabezará agora o difícil e ilusionante reto de unir a todas as modalidades deportivas na procura da mellora común.

Comparte éste artículo
No hay comentarios