O ex secretario xeral critica que a proposta de Estatutos consolida o «asalto á militancia» iniciado no congreso do 2021 por Formoso, ao promover que o aparato designe a metade do Comité Nacional a costa da militancia e das agrupacións locais: «queren meter 210 en vez de 45»
Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG entre 2017 e 2021, advertiu hoxe do novo retroceso cara o que se encamiña o partido á vista da proposta de Estatutos que José Ramón Gómez Besteiro pretende aprobar no congreso do vindeiro 8 de marzo.
E é que, como sinalou o vigués, mentres a tradición do PSdeG foi durante 40 anos que os membros do Comité Nacional Galego fosen elixidos pola militancia nas agrupacións locais, agora Besteiro quere refrendar «o asalto á militancia» feito no último Congreso ordinario por Valentín González Formoso. Foi daquela cando se decidiu que o Congreso do PSdeG designase a metade dos membros do Comité Nacional, deixando en mínimos o número de membros elixidos directamente pola militancia nas agrupacións locais.
De feito, ata a etapa na que Gonzalo Caballero estivo á fronte do PSdeG, nos congresos ordinarios escollíanse 45 nomes para o Comité Nacional, pero no Congreso de Valentín González Formoso ese número multiplicouse ata situarse en 210.
«Pasamos de ser o partido da militancia a ser o partido das baronías», ilustrou Gonzalo Caballero, crítico co feito de que «se perpetúa o asalto á militancia» decidido por Formoso e José Manuel Lage Tuñas no congreso de 2021.
«UN NOVO TEMPO»
«Cómpre un PSdeG revitalizado para un novo tempo», defendeu Gonzalo Caballero, quen sinalou que, «con ese modelo de partido do vello aparato», o socialismo gallego acadou «os peores resultados históricos».
«As baronías do PSdeG queren manter ese modelo para perpetuarse, reducindo o papel da militancia, o debate e a participación», concluíu o socialista vigués.
A IMPORTANCIA DOS ESTATUTOS
O próximo Congreso do PSdeG debaterá os novos Estatutos, un texto fundamental porque consolida o modelo do partido para os vindeiros catro anos.
«Besteiro empeza mal buscando un modelo de partido controlado pola dirección para impedir o debate e participación da militancia», advertiu Gonzalo Caballero, consciente de que «ese é o camiño contrario ao que debemos facer para revitalizarnos e fortalecernos».
Admiro y respeto a José Ramón Gómez BESTEIRO…y a Gonzalo Caballero.
¡ SOLO TENGO UNA DUDA MUY GRANDE que me lleva a esta pregunta..
¿ Hay un PSde G…..del NORTE.
Y otro PS de G … del SUR ?
Algunos militantes del SUR, lo sentimos así.
Conclusiones.
• Punto uno….EL PSOE de Galicia no tendrá la relevancia necesaria SIN EL VALOR Y LAS OPINIONES DECISIVAS de la MILITANCIA.
• Punto dos SÓLO PUEDE HABER UN PSOE GALLEGO…..como sólo hay UNA GALICIA.
• Punto tres…El cambio político en Galicia SÓLO SE PRODUCIRÁ SI LO LIDERA EL PARTIDO SOCIALISTA.
• Muchos militantes y socialistas gallegos NO ACEPTAMOS que NO EXISTA CONCORDIA Y ARMONÍA entre los líderes socialistas gallegos más destacados…. BESTEIRO y G CABALLERO.
¡ BESTEIRO es el Secretario Xeral…de forma justa.
GONZALO dejó de serlo de forma injusta- no se le dio una oportunidad después de la Pandemia.
LOS DOS SON MUY VALIOSOS…..
¡ QUEREMOS UN PS de G…..donde los dos FORMEN UN EQUIPO SÓLIDO Y EFICIENTE.
Por último SIN EL ENTUSIASMO DE LOS MILITANTES… NO HAY NADA……NO HAY VOTOS.
¡ LA MILITANCIA TIENE QUE SENTIRSE EL ALMA DEL PARTIDO SOCIALISTA GALLEGO !
¡ TIENE QUE OCUPAR SU ESPACIO !
O no hemos aprendido nada.
•