O guía turístico Guido Álvarez Parga (proxecto Guido Guía), a profesora de Lingua e Literatura Ana Mª Dopazo Pérez, o xestor cultural, escritor e poeta Simón Rodríguez (tamén coñecido como Galego de Caracas) e Toño Núñez (mestre, escritor e poeta) anunciaron unha actividade para o mércores 12 de marzo: un paseo literario pola Muralla Romana de Lugo.
Considerando que este 2025 celébrase o 25º aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade UNESCO, decidiron facer esta proposta espontánea como homenaxe ao monumento e tamén a todas as persoas que escribiron sobre ela.
Partirá o paseo ás 18h00 dende a Praza Pío XII, e a inscrición será gratuíta a través do correo electrónico guidoguiaturismo@gmail.com![]()