Unha vez máis os colectores do lixo parece que son obxecto de pirómanos, o que provocou que os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Carballo tiveran que actuar no incendio do colector de lixo na rúa Manuel Fraga Iribarne, no Concello da Laracha. O lume foi extinguido por un voluntario de Protección Civil da Laracha.
Descoñécese a orixe do lume, aínda que todo apunta que puido ser intencionado por algunha gambernia, afortunadamente non causou máis danos que os do propio colector. Unha vez extinguido o incendio, os bombeiros comprobaron que quedou a situación totalmente controlada
Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña