Hoxe nas redes de Guido Guía emitiuse o sétimo capítulo das “Charlas con Manuel”, conversas do turismólogo lucense Guido Álvarez Parga co seu pai Manuel Álvarez Prieto, xornalista arxentino afincado en Lugo dende o ano 1980.
Nesta ocasión Manuel fálanos do irmanamento entre Lugo e Viana do Castelo, e das súas vivencias persoais relacionadas co tema sobre todo nos anos 1990
Manuel Álvarez Prieto (Bos Aires, 1934) é un xornalista arxentino que traballou en varias editoriais e medios de comunicación en Uruguai nas décadas dos 50, 60 e 70, e chegou a España no ano 1979 como un manifesto disidente das ditaduras arxentina e uruguaia. Despois dun ano traballando na editorial Planeta, entre Madrid e Barcelona, relacionado profesionalmente con Teresa Pàmies, José Agustín Goytisolo ou Monserrat Roig, viaxou a Lugo (a provincia onde naceran os seus país, en Baleira e Ribadeo) e asentouse ata o día de hoxe traballando durante máis dunha década no diario El Progreso, e colaborando con medios como La Voz de Galicia, Cuadernos del Norte, A Nosa Terra ou Filmspiegel de Berlín, principalmente como crítico de cine e arte.