Cambia de táctica. Previr é vivir

No Día Mundial contra o Cancro, presentamos a nosa campaña: “Cambia de táctica. Previr é vivir” Porque a mellor estratexia sempre será a prevención.

Hai 2.500 razóns para seguir avanzando, para apoiar, para estar presentes. Grazas á solidariedade e o compromiso de todos, recadamos 2.500€ para o Centro Oncolóxico de Galicia no noso torneo.

Pero este ano queremos ir máis aló. Marcámonos como obxectivo non só aumentar esta cifra, senón tamén deixar unha pegada social e de concienciación. Porque cada xesto conta, cada acción pode marcar a diferenza.

Comparte éste artículo
No hay comentarios