O sábado 8 e o domingo 9 de febreiro disputarase unha nova edición da Copa de España de mushing nos montes de Buxantes(Dumbría), organizada polo Concello de Dumbría e o Club Alejandro Gómez
Ata Dumbría achegaranse un total de 160 participantes procedentes de diferentes comunidades autónomas que buscan puntuar na Copa de España. Humanos e cans, chegados desde Andalucía, Cataluña, A Rioxa, Euskadi, Navarra, Aragón, Castela e León, Madrid, Asturias e Galicia, loitarán por imporse nesta proba nacional.
Entre os deportistas inscritos, destacamos a presencia de dous campións do mundo: César Castaño e Carla Mas .
Este ano o circuíto incorpora novidades , cun trazado renovado e divertido de 4 km que discorrerá polos montes de Buxantes . Será máis vistoso e accesible para o público que se achegue para gozar deste espectáculo deportivo e tamén será máis cómodo para os participantes.
A organización dos horarios de competición está adaptada a buscar as mellores condicións climatolóxicas para a participación dos animais, que non poden competir se as temperaturas superan os 16ºC. Por iso a proba de desenvolverá entre as 9:00 h e as 13:00 h .
Neste tipo de probas, avaladas pola Federación Española de Deportes de Inverno, así coma pola Federación Galega, o benestar dos animais é un aspecto primordial, contando coa presencia continua de equipos veterinarios que supervisan o evento.
Xa na tarde do venres, de 16:00 a 20:00 h, os participantes poderán pasar polas instalacións do Conco para recoller os dorsais.
Será unha proba na que se poderá desfrutar das seguintes disciplinas encadradas no mushing terra:
Seguido do Bikejoring (o deportista vai en bicicleta unido cunha liña de tiro con 1 can)
Ds2 (o deportista vai en patín cunha liña dobre unida con 2 cans)
Ds1 (o deportista vai unido cunha liña de tiro con 1 can)
Canicross (onde o deportista vai cun cinto e liña de tiro co seu can)
O acceso realizarase a través da estrada DP-2302, que une Hospital e Cee (entre a fábrica de Xeal e o cruce da Filgueira – Buxantes). Alí contarán cunha zona de aparcamento para poder deixar os seus vehículos.
Foto portada: www.olloecuestre.com