A poucas horas de rematar o prazo para presentar a proposta do Concello de Laxe para o Plan de Obras e Servizos da Deputación de A Coruña (POS 2025), o alcalde Francisco Charlin convoca o pleno extraordinario para a súa aprobación.
Unidas Podemos, na explicación do voto, argumentou a súa posición en contra da xestión económica con, por exemplo, os continuos recoñecementos extraxudicias de crédito, ao non licitar os contratos dos servizos básicos, impedindo a labor do pleno para realizar o preceptivo control e seguimento da acción do goberno.
Á esta falta de transparencia, hai que engadirlle a negativa do alcalde de abrir a participación aos grupos da oposición e ás veciñas e os veciños de Laxe para que plantexen as súas propostas de inversión, demostranto un talante antidemocrático e excluínte.
Un exemplo deste talante é o xeito soez e autoritario no que se dirixíu aos concelleiros e concelleira da oposición, pretendendo dirixir a súa labor e custionando o seu traballo de representación, culpabilizándonos da sua imcompetencia.
O grupo de Francisco Charlin ao rematar o pleno publicou na páxina oficial do Concello e nas redes sociais oficiais, pagadas con diñeiro de todas nós, un resumo da sesión plenaria facendo un uso partidista das mesmas, mentindo , terxiversando e manipulando o sentido do noso voto, e sorprendentemente, ao día seguinte eliminou ás referncias directas ao noso concelleiro Fernando del Moral Regaldie. Esto é unha demostración máis do talante autoritario e antidemocrático de Francisco Charlin e do seu grupo.
Consideramos que este uso partidista das páxinas oficiais do Concello é un feito de máxima gravidade polo que Unidas Podemos está valorando levar a acabo as accións oportunas e convidamos aos demais grupos da oposición a facelo conxuntamente.