Arias reúnese co Alcalde de Guntín para abordar vías de colaboración en proxectos de interese municipal

 O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Guntín, Ángel Pérez, que serviu para analizar as principais demandas e necesidades do municipio naqueles ámbitos que son competencia da Administración autonómica e para avaliar posibles vías de colaboración.

Arias trasladoulle ao rexedor a vontade do Goberno galego de traballar de xeito conxunto no desenvolvemento de iniciativas co fin de garantir o benestar de todos os veciños e veciñas do municipio.

Entre outras cuestións, na xuntanza lembrouse que Guntín foi unha das entidades locais que resultaron beneficiarias dunha nova orde de axudas plurianual convocada pola Consellería de Presidencia e dirixida a entidades locais para financiar actuacións de eficiencia enerxética en infraestruturas municipais, o que lle permitirá cubrir o 80% dos gastos das obras que van executar na antiga Casa Cuartel.

Comparte éste artículo
No hay comentarios