Eu e ti xa está dispoñibe en todas as plataformas dixitais. 9Louro vén de publicar o seu último sixenlo despois do lanzamento do seu LP “Nove Noves” en novembro de 2024. Un traballo que xorde do paraíso natural de Montelouro e camiña con ilusión cara as prazas máis urbanas. Trap, funk Brasileiro e ata unha bachata cun son único e descarado.
A base afro beat foi creada polo productor do artista Yuly en agosto de 2024.
O intenso verán de 2024 remataba cun concerto multitudinario do irmán do artista na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela. Martín acudía como público e inmerso nunha historia de amor apaixoante, ao día seguinte escribía esta letra. Nun impulso, comparteu de inmediato o tema a modo mensaxe que foi evolucionando ata este novo sinxelo no que o artista continua coa súa progresión. Nas vindeiras semanas, o artista publicará 10 concertos que serán o inicio da súa xira por salas e festivais de todo o territorio galego.
Autoría: 9Louro Produción, gravación e mesturado: Yuly e 9Louro.
Enlace plataformas: https://links.altafonte.com/ze0zne