Ameijide censura que “os gobernos do PSOE paguen con máis de 2 anos e medio de atraso as axudas aos Concellos afectados polos incendios do 2022”

“Os Concellos de Quiroga, Palas de Rei e Baleira xa teñen xustificado os investimentos (nalgúns casos dende outubro do 2023) e aínda reciben agora; e o máis afectado, Folgoso do Courel, quedou fóra sen que o goberno da Deputación de Lugo fixera nada por axudar, nin sequera asesorou”, engade.

Antonio Ameijide censura a “falta de sensibilidade” do goberno provincial de PSOE e BNG cos Concellos afectados polos grandes incendios do 2022, uns dos peores da historia da provincia. “Vemos que as axudas do Estado a zonas afectadas por incendios que xestiona a Deputación de Lugo chegan realmente aos Concellos en xaneiro do 2025, é dicir, dous anos e medio despois”.

Esta tardanza no ingreso destes fondos evidencia “pouca preocupación, falta de vontade e pouco traballo”. O portavoz do Partido Popular na Deputación, Antonio Ameijide, afea ao goberno provincial de Tomé que “non estivera á altura. É indecente”.

Ameijide explica que “as axudas da Xunta chegaron fai tempo” e contribuíron a “facer fronte ás necesidades” ocasionadas polas perdas durante os lumes. “Pero o Goberno de Sánchez e o goberno provincial de Tomé aínda están respondendo agora. Os Concellos de Quiroga, Palas de Rei e Baleira reciben esas axudas a comezos de 2025, a pesar de ter xustificado nalgúns casos en outubro do 2023.

E un dos principais afectados, o Concello de Folgoso do Courel, “quedou fóra sen que o goberno da Deputación de Lugo fixera nada por axudar. Non tiveron vontade ningunha de colaborar co Concello nin cos seus veciños e veciñas”. Nese sentido, o popular censura que “o goberno da Deputación de Lugo non asesorara aos Concellos”.

Ameijide cre que se trata “dun insulto aos lucenses” e que “o Goberno de Sánchez non está cos galegos e o de Tomé tampouco está cos lucenses”. Nese sentido, advirte que, “desgraciadamente, os lucenses non podemos agardar nada dos gobernos do PSOE”. É máis, engadiu que “este caso nos recorda ás declaracións do presidente do Goberno en relación á xestión dos efectos da DINA en Valencia: se precisan axuda, que a pidan”, conclúe.

Comparte éste artículo
No hay comentarios