Rubén Arroxo mantén unha xuntanza coa directiva da Rede de Cidades que Camiñan

A rede, presidida por Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, conta con múltiples concellos de todo o estado como socios.

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, mantivo un encontro con representantes da Rede de Cidades que Camiñan. Arroxo anunciou que desde a Tenencia de Alcaldía se estudará «a adhesión de Lugo a esta rede, un movemento que nos permitirá avanzar nos nosos principais obxectivos de mobilidade, como facer das e dos peóns o centro da mobilidade e convertelos nos protagonistas do espazo público».

A Rede de Cidades que Camiñan é unha asociación internacional sen ánimo de lucro, aberta a concellos e outras administracións públicas comprometidas coa camiñabilidade. Actualmente, contan con 87 cidades
asociadas e 3 deputacións, o que suma 9.759.037 habitantes membros desta rede. Integrarse na Rede implica o compromiso coa mellora do espazo público como lugar para camiñar, estar e socializar, abordando
proxectos para fomentar la camiñabilidade, a mobilidade sostible, a accesibilidade universal, a seguridade viaria, a calidade do medio ambiente urbano e a autonomía infantil. Arroxo destacou que «proxectos como a cidade dos 5 minutos, no que estamos a traballar desde a Tenencia de Alcaldía, fannos avanzar nestes obxectivos».

A rede oferta distintos servizos ás administracións asociadas, como visitas técnicas, campañas de promoción, actividades formativas e asesoramento técnico. Ademáis difunden boas prácticas en accesibilidade universal e mobilidade sostible dos concellos asociados, os seus atractivos turísticos e ambientais e moito máis na web, na Revista Ekko, e nas redes sociais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios