A Deputación de Ourense mobiliza 142.500 euros en cooperar cos municipios para a mellora de obras e servizos

Reunión da Xunta de Goberno. Asisten Luís Menor Pérez (Presidente Deputación); Marta Nóvoa Iglesias (VicePresidenta 1ª); César Fernández Gil (VicePresidente 2º); Rosendo Fernández (Deputado PPOU); Jorge Pumar Tesouro (Deputado PPOU); Manuel Seoane Rodríguez (Deputado PPOU); Patricia Torres Madureira (Deputado PPOU); Begoña Álvarez Matos (Representante de Intervención); Adamantino Barreiro García (Vicesecretario da Deputación de Ourense).

O goberno provincial tamén concedeu unha axuda de 5.000 euros a favor da Asociación Cultural Unión Musical de Allariz.

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense vén de aprobar, nasesión celebrada esta mañá, un total de 147.500 en axudas, na súa meirande parte para municipios da provincia, destinándose para outras entidades 5.000 euros a favor da Asociación Cultural Unión Musical de Allariz.

No que atinxe á cooperación municipal, a Xunta de Goberno da institución provincial destina esta semana 142.500 euros a axudar a diferentes concellos na mellora de obras e servizos. Así, axudarase no mantemento, limpeza e conservación dunha necrópole; a redacción de proxectos; a cofinanciar o servizo de Axuda no Fogar; aos honorarios técnicos e redacción dun proxecto de rehabilitación de cuberta da edificación dun antigo muíño e unha urbanización exterior; para un ramal de saneamento e, por último, para o proxecto de construción dun polideportivo.



Comparte éste artículo
No hay comentarios