Durante os últimos anos, o Goberno de Lugo renovou gran parte da rede de alumeado público de Lugo, «apostando polas luminarias LED quebreducen o consumo eléctrico».
O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, anunciou que o Goberno de Lugo está a realizar unha serie de actuacións para mellorar a imaxe da rede de alumeado público de Lugo. Alexandre Penas, concelleiro de Infraestruturas, explicou que «estamos a traballar no repintado das farolas, unha actuación que
permitirá garantir a boa imaxe destes elementos no casco histórico, onde ademais cumplen un importante papel na decoración da vía pública».
Alexandre Penas lembrou que «desde a nosa chegada ao goberno fixemos un importante investimento na mellora do alumeado público», e engadiu «nos últimos tres anos investíronse máis de 3 millóns de euros na renovación da rede de alumeado, implantando luminarias LED de baixo consumo, e reducindo as zonas escuras».
«Continuamos a traballar na mellora dos barrios da cidade e dos accesos aos mesmos, aumentando a calidade de vida das veciñas e veciños», explicou Rubén Arroxo, que lembrou que a área de Mobilidade e
Infraestruturas planifica as intervencións de mellora dos espazos públicos segundo as peticións e solicitudes veciñais e cun importante traballo de visitas aos barrios.