Neste evento lograron a clasificación para o Europeo 27 taekwondistas galegos/as (incluída unha en parapoomsae).
O Campionato se celebrou este sábado 22 de febreiro en San Vicente del Raspeig (Alacante). Nesta proba a Federación Galega de Taekwondo acadou un total de 34 clasificacións para o vindeiro Campionato de Europa, xa que algún deportista logrou máis de unha.
Así, en total, son 27 deportistas galegos, dos cales dous conseguiron o pase nun equipo DSA (Deportista Supra Autonómico), formado con deportistas de distintas comunidades que non podía aspirar ao título de campión de España, pero si a lograr a clasificación para o Europeo no caso de vencer. Ademais, hai que destacar que en parapoomsae, Paula Treus logrou a clasificación para o Europeo.