Rubén Colmenero Ferreiro, novo alcalde de Vilar de Santos

Este sábado ás 12:00 horas celebrouse no Concello de Vilar de Santos o pleno extraordinario no que tivo lugar a despedida do ata agora alcalde, Antonio Míguez Nogueiras, e a investidura do novo rexedor, Rubén Colmenero Ferreiro.

No acto, que contou cunha ampla participación da veciñanza, recoñeceuse o labor do alcalde saínte, mentres que o novo rexedor asumiu a alcaldía comprometéndose a continuar traballando polo progreso e desenvolemento do municipio e o benestar da cidadanía.

Tanto a veciñanza coma os integrantes do partido arrouparon a Colmenero neste novo comezo, reafirmando o seu apoio ao proxecto político que encabezará nos próximos anos con moita forza e ilusión.

Comparte éste artículo
No hay comentarios