Cómpre avanzar no novo financiamento autonómico: o que é un mal negocio para Galicia son os números “de trilero” do presidente Rueda.
Dende a campaña electoral galega de 2024, Movemento Sumar Galicia xa reivindicaba a necesaria reforma do sistema de financiamento autonómico.
O deputado de Sumar pola Coruña, Manuel Lago Peñas, afirma que “o Goberno aborda o grave problema do excesivo endeudamento das CCAA xerado pola política fiscal e presupuestaria que aplicou o Partido Popular na crisis financieira”, ao que se engaden tamén as insuficiencias na la financiación que están a sufrir as comunidades autónomas “por un
modelo que está caducado desde 2014”.
Neste sentido, o deputado recoñece “o esforzo por parte do Goberno Central” que ofrece condonar máis de 83.000 millóns de euros ao conxunto das comunidades, buscando a equivalencia entre todas, tendo en conta as elevadas diferencias entre as mesmas.
Pero este esforzo “debe ter unha condición” advirte Lago: as comunidades autónomas que se beneficien da condonación no poderán facer rebaixas aos impuestos que gravan a riqueza: “non se pode financiar cos recursos de todos, o dumping e os regalos fiscais aos máis ricos.”
Esta reforma (que xa reivindicábamos dende as eleccións autonómicas) debe de facerse de xeito multilateral, no eido do Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF); que debe resolver os problemas de deseño xeral acumulados no tempo e “que debe dar resposta ás particularidades e necesidades propias de Galicia” segundo as palabras do secretario de Política Institucional e Europea de Movemento Sumar Galicia, Juan Dïaz Villoslada.
Os recursos que recibiu Galicia do sistema de financiamento autonómico permaneceron conxelados dende 2008 a 2018 durante a Grande Recesión, “unha década perdida que supuxo unha redución real do 13% si temos en conta a inflación acumulada dese período” engadiu Villoslada.
Daquela, o PP deixou ás Comunidades Autónomas sen apoio, abocadas aos recortes e a acumular unha débeda extraordinaria que nos levou hoxe a ser o segundo país do mundo cuns gobernos no nivel intermedio máis endebedados.
De acordo coa proposta de hoxe no eido do CPFF Galicia ten unha débeda acumulada de 12.153 millóns de euros, ocupando a oitava posición no ranking da débeda autonómica de réxime común.
En 2009, cando Feijóo accede ao goberno de Galicia, a débeda situábase en 4.859 millóns de euros e representaba un 8,9% sobre PIB. Nos 14 anos de gobernos do PP na Xunta de Galicia, a débeda crecera 7,3 puntos sobre PIB.
Nos últimos catro anos, o Goberno de coalición tense convertido nun paraugas financeiro das Comunidades Autónomas, “que non viron minguar os seus recursos a pesar da grande caída na recadación tributaria e recibiron fondos adicionais para facer fronte aos gastos extraordinarios en sanidade e ensino. Os recursos que Galicia recibiu en 2024 do sistema de financiamento foron un 40% máis que os que recibiu en 2018.” engadiu Juan Díaz Villoslada.
De volta a tempos ordinarios, é o momento de revisar o modelo para darlle a suficiencia que precisan os gobernos autonómicos no seu día a día.
A condonación parcial da débeda ofertada xa polo Goberno de Sumar e o PSOE supón que a condonación para Galicia acada os 4.010 millóns de euros, un 33%, 13 puntos por encima da previsión inicial.
Movemento Sumar Galicia considera que este só é o primeiro paso. A partir de aí, debe de abrirse un proceso de reestruturación do total da débeda das Comunidades Autónomas que o precisen. Alongamento de prazos para a devolución suficiente e limitación dos xuros a pagar deben ser as dúas pezas chave do proceso.
A redución desta carga financeira permitirá a Galicia afrontar mellores servizos públicos con maior capacidade orzamentaria.
Sumar Galicia no pinta nada en Galicia pero culpan a Feijoo y a Rueda para quedar contentos .No es fácil que logren representación parlamentaria en Galicia nunca y al igual que ANOVA se disolvió como un azucarillo en el café ,es fácil que SUMAR Galicia ,acabe igual.En este caso el «trilero» es el Presidente Sánchez con todas las tropas que lo apoyan y el dinero no se ve por ninguna parte asi que aumentar los gastos sin que nadie rellene los fondos ,no parece que sea tan beneficioso para Galicia .Este tipo de maniobras teóricas sin dinero en la caja solo sirven para que los parlamentarios traten de despistarnos y parezcan expertos economístas aunque el asunto es simple :hay que contentar a Esquerra Republicana de Cataluña y a Junts .Parece que lo están logrando pero el dinero nadie lo ha visto y la deuda existente tarde o temprano habrá que pagarla y eso tocará a todos los ciudadanos españoles hacerlo.