Presión abafante no CEIP Sagrado Corazón de Lugo 

O catálogo de vacantes semella repetir pantasmas do curso pasado, ao darse certas presións abafantes sobre profesorado no CEIP Sagrado Corazón de Lugo, ao que fontes próximas a eles se puxeron en contacto con este medio.

Presuntamente, hai algunha docente que está ocupando un posto de traballo no centro, sen ter horario claro e hai certas presións para que se manteña unha praza docente sen necesidade. 

Fontes próximas ás familias apuntan a movementos interesados en Inspección Educativa o cal desatende as necesidades noutros casos. O malestar é crecente nas familias e acumulado pola perda da súa condición de ir ao IES Sanxillao, nunha decisión que non se entende e onde se responsabiliza a Educación.

Comparte éste artículo
No hay comentarios