Educación en Lugo, de novo un polvorín 

Malestar nas familias de varios colexios de Lugo ao trocar as condicións de adscrición dos centros educativos. Varias familias de ata catro centros educativos da cidade cando menos, van ver cambiado o centro ao que lles corresponde ir para o ensino secundario, por supostas cuestións de espazos, rompendo unha tradición de zona e de facilidade na conciliación á hora de desprazar aos nenos e ás facilidades. A propia administración non informou ao inicio do proceso, senón que ao longo do mesmo e as comunicacións coa administración, cambian en función dos interlocutores. 

O CEIP Sagrado Corazón de Lugo, ve como perden os alumnos o dereito a ir ao IES Sanxillao, tras recibir as familias chamadas por parte do equipo directivo informando da situación e xerando un importante malestar. Dito malestar, sae do educativo e dende movementos veciñais, consideran que teñen outra índole. Neste centro educativo, hai supostas presións para manter a unha docente de atención preferente sen necesidade. Quen concede isto? A administración ou alguén pertencente á administración? De selo, as responsabilidades deberan ser inmediatas. Dos outros centros afectados, non trascendeu información ata o momento. 

As tensións producidas polo repartimento irregular do profesorado de PT e de AL, pode non ter ningún tipo de condicionante técnico. Uns centros teñen centros por riba do previsto, namentres outros, o contrario. Hai escasas datas, posiblemente o máximo culpable desta cronoloxía difícil de narrar,  indicáballe a membros de equipos directivos e de sindicatos «yo me dedico a hacer trabajo técnico, nada más, otros están para otras cosas». Segundo apuntan diferentes mestres, profesores e representantes sindicais hai calquera cousa menos rigor técnico, xa que o desequilibrio é claro entre uns casos e outros, dependendo do centro e das afinidades.

Chamadas de urxencia na tarde de onte, entre  persoas de educación destapan unha serie de carencias e de dificultades para sacar a situación adiante e o que pode ser máis perigoso, unha continua fuxida hacia adiante que pode acabar con responsabilidades máis alá do educativo. Algunhas filtracións interesadas obviando o deber de sixilo e a confidencialidade que se require de funcionarios públicos, pode meter en apuros a máis dun, xa que a mala praxis continua que se dá, non deixa en bo lugar a profesionalidade dalgúns, incluidos un bo número de pantallazos de WhatsApp de conversas que poden evidenciar outro tipo de intereses. Para que se chama ao persoal dos centros para cotexar informacións doutras persoas da propia administración? Para que se toman unhas decisións para despois obvialas ou incluso desdicirse? 

As directrices varias que se dan, en ocasións sendo contraditorias, non fan máis que xerar controversia nos institutos e colexios da provincia de Lugo. En ocasións, nunha mesma mañá, danse informacións diferentes en función de a quen se lle comunican ou as chamadas por detrás a varios centros contradicindo as instrucións e decisións políticas, son o pan de cada día. 

Frases ou expresións como «Esto lo llevo yo» «Estos no son buenos. No se enteran de una» «Esto me lo mandas a mí», deixando en evidencia unha vez tras outra ao persoal, o que non fai máis que xerar tensión cada día. A renuncia a unha dirección entregada antes do Nadal, conleva a que dende esa data, non houbera ningunha visita ao centro ou de que a información sexa inconexa e contraditoria. A entrada dunha persoa de Inspección nun centro educativo para estar varias horas recabando información, tampouco axuda ao darse tintes subxectivos ou un intercambio fluído de información confidencial con dirixentes políticos contrarios á administración, buscando quizais algunha outra cuestión. 

En pasados días, varias persoas, puxéronse en contacto con esta redacción para denunciar unha situación insostible e con capítulos como indicacións en xuntanzas consideradas como oficiais ou formais e poucos minutos despois de maneira privada ou relativamente discreta, indicar o contrario para posteriormente negalo, o que deixa aos pés dos cabalos en moitas ocasións ás persoas.  Intencionalidade de que tipo? 

Fotografía. IES San Xillao

Comparte éste artículo
1 comentario