No tempo do cocido, amor consentido 

O C.I.M. Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Verín lanza unha campaña de sensibilización con motivo das súas festas máis importantes. A Campaña Preventroido 25, é unha campaña de sensibilización e prevención da violencia sexual especialmente dirixida a poboación moza da comarca. 

A entidade poñerá disposición dos centros educativos e entidades sociais así como as tendas do entroido un total de catro mil chapas e pegatinas co slogan da súa campaña «No Entroido Con-Sentimento» ou «No tempo do cocido, amor consentido». Segundo explican dende o centro, o obxectivo fundamental e introducir na linguaxe da xente moza e no seu imaxinario colectivo a palabra «consentimento», xa que é clave na prevención deste tipo de violencias. Ademáis o centro, compartirá a través das súas redes sociais @mancoverincim información educativa sobre este tema. 

O CIM ademáis contará este ano coa colaboración dos locais de hostalaría, no cal repartirán adhesivos coa información da campaña » É fundamental que os locais tamén conten cun protocolo de actuación ante un caso destas características». 

O centro conta cun videoclip da súa campaña que xa están difundido en redes. Un video elaborado con protagonistas da vila e que promoven un Entroido cheo de orgullo e respecto! 

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios