O BNG participa no Salvador na reunión da directiva da Asemblea Euro-Latinoamericana

Ana Miranda desenvolve unha intensa axenda de reunións con representantes da sociedade civil salvadoreña que loitan polos dereitos humanos.

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, participa na Mesa Executiva da Asemblea Euro-Latinoamerica(Eurolat), que ten lugar no Salvador para preparar a vindeira asemblea do Eurolatque se celebrará no vindeiro mes de abril. “É a primeira vez que o BNG participa neste órgano de dirección en representación do grupo parlamentar Verdes-Alianza Libre Europea”, explica Miranda ao respecto.

Ademais das reunións oficiais correspondentes a este encontro preparatorio da asemblea de Eurolat -que está integrada tanto por eurodeputados como por representantes dos Parlamentos de Latinoamérica e o Caribe-, a eurodeputada galega está desenvolvendo unha intensa axenda de reunións con representantes da sociedade civil do Salvador. 

Nos encontros participaron diversas asociacións e colectivos, entre os que destacan familiares de desaparecidos baixo o réxime, movemento feminista, aAsociación de Xornalistas do Salvador e xornalistas independentes, o movemento ecoloxista en defensa da auga e contra a megaminería, así como ONG’s de cooperación, organizadas na rede FOCIS, o Foro de Organizacións de Cooperación Internacional Solidaria do Salvador, que loitan polos dereitos humanos e o fortalecemento das organizacións da sociedade civil.

Desta forma, como como coordinadora da Comisión de Desenvolvemento por parte do grupo parlamentar Verdes ALE, a eurodeputada do Bloque coñeceu de primeira man as duras testemuñas do que representa a eliminación do espazo cívico no país centroamericano.

Programas financiados pola UE

Por outro lado, Ana Miranda tamén participou nos encontros co embaixador da Delegación da Unión Europea no Salvador e cos diferentes embaixadores europeos. Neste sentido, no encontro cos representantes da UE a eurodeputadado BNG fixo fincapé na cláusula de dereitos humanos e trasladou as denuncias da sociedade civil sobre persoas desaparecidas, falla de liberdade de prensa, proxectos de megamineria contaminante, criminalización do aborto e a eliminación de toda a estrutura institucional contra a violencia de xénero e de apoio aos dereitos reprodutivos e sexuais. Ao respecto Miranda apunta que estes programas foron cofinanciados pola UE e desmantelados polo actual presidente.

De San Salvador, Ana Miranda trasladarase a Montevideo para asistir á toma de posesión do novo presidente uruguaio, Yamandú Orsi, candidato do FrenteAmplio elixido en segunda volta o pasado 25 de novembro.

Comparte éste artículo
No hay comentarios