Amigas das Árbores. «A Xunta, sempre tarde, mal e arrastras…»

A punto de rematar o prazo para «declaración da Limia como zona vulnerable por nitratos» apurada anda agora a Xunta de Galicia para evitar fortes sancións e convoca aos alcaldes para informalos, a pregunta que nos facemos é: e logo o resto do tecido social limiao non ten que ser informado e formado?

As imaxes son recentes de distintos lugares da chaira limiá (tallamento polo pé de árbores en zonas de ribeira, refugallos contaminantes e estercos acumulados en zonas asulagadas, aplicación de herbicidas «glifosato» no outono-inverno coas terras enchoupadas de auga…).
Sabendo como sabía a Xunta de Galicia dos efectos sobre a saúde das persoas e os ecosistemas polas malas prácticas que se levan facendo dende fai moooitos anos na Bisbarra da Limia por que non tomaron medidas ao seu debido tempo? por que non informaron e formaron a poboación de como minimizar os danos ao medio e os riscos para a nosa propia saúde?
O desleixo -deixadez- das institucións públicas non ten xustificación e non ten perdón, o GRAVE é que a contaminación por nitratos no conxunto da Limia ten e vai seguir tendo ao longo de moitos anos unha forte repercusión na saúde das persoas e dos ecosistemas do conxunto do Val do Limia dende a chaira limiá até a desembocadura do río Limia en Viana do Castelo.
Non teñen perdón!!!

Comparte éste artículo
No hay comentarios