Javier Arias. «A Xunta mantén o respaldo ao Mercado de Oficios no Corgo»


O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, confirmou que a Xunta manterá o apoio ao Mercado de oficios que se celebra no Corgo a principios de agosto, e lembrou que o Goberno galego «apostou desde a súa orixe por este proxecto, que encara a cuarta edición consolidándose xa como un dos principais reclamos turísticos e de dinamización económica do municipio e da comarca».

O delegado mantivo unha reunión con José Chousa, representante da entidade organizadora «Os cinco ríos», para avaliar as posibilidades de colaboración de cara a cuarta edición. O mercado congrega numerosos postos de venda, entre os que destacan os de artesanía ou antigüidades , e compleméntase con propostas culturais.

Comparte éste artículo
No hay comentarios