O primeiro dos mesmos foi o que xuntou a un total de corenta atletas no Campionto de España indoor Sub18 do que se voltou cun magnífico botín de 10 medallas (4 ouros, 4 pratas e 2 bronces) así como dez postos de finalistas.
Sen lugar a dúbidas, gran éxito de toda unha xeración a quen estamos vendo medrar e progresar e da que podemos sentirnos moi esperanzados de cara a un futuro moi preto.
Excelentes resultados
No apartado de medallas, a primera gran alegría chegou na proba dos 400 m. na que Martiño Salgado do Celta, protagonizaba a excelente sorpresa para a armada galega, logo de clasificarse para a final e acadar nada menos que o subcampionato de España cunha mellor marca persoal de 49.75 que ademáis o sitúan nos postos top do raning. Martiño súmase desta maneira, a esa gran e importante remesa actual de catrocentistas galegos.
No medio fondo, un excelente Javier Picos do Marineda At. melloraba, ede que maneira, o seu metal de bronce do ano pasado nos 800 m. escalando dous postos no podio e proclamándose campión de España nunha carreira táctica que gañaba con autoridade en 1:57.14. Sobre esta mesma distancia, a internacional Sabela Martínez da Gimnástica, tan sócedía ante a líder do ano, logrando un fantástico subcampionato de España sobre unha distancia moi esixente que remataba en 2:13.55
A proba que reultou máis interesante, en canto a resultados, foi sendúbida a proba dos 3.000 m. Sobre unha distancia na que os primeiros postos do ranking de España están reservados a atletas galegos, os prognósticos cumplíronse ao pé da letra. Sabela Castelo, totalmente recuperada, volvía amosar a súa calidade e progresión que a levaban
novamente ata o máis alto do caixón de podio cun rexistro de 10:12.99. Na mesma distancia tamén, non menos excelente, resultou a actuación da
pulila de Manuel Hurtado Sabela Fernández da Gimnástica, quen colleitaba o metal de bronce cun crono oficial de 10:17.81.
Si todo esto a contecía na categoría feminina, na masculina un intratable Alex Sierpes do Vicky F., facía valer a súa estratosférica marca de fai unhas datas sobre os 3.000 para lograr un traballado pero
autoritario título de campión de España que o colocan de maneiradestacada como líder indiscutible esta distancia.
Outro dos concursos con marcada presenza galega foi o concurso de salto de altura. Gael Couñago do CAR de Redondela confirmando a súaexcelente progresión, volvía novamente a estar na barreira dos dousmetros o que lle permitían ocupar o posto de medallista de bronce. Mesma posición para Iria Solera do Ourense Atletismo quen suma outra
medalla como xa fixera sendo Sub16 nun momento no que, logo da recente retirada de Saleta Fernández, o futuro desta modalida asemella estar
asegurado.
Outro dos puntos de atención, foi o que protagonizaron os atletas do Ourense Atletismo Hugo Casañas e Aitana Capeans, sobre o círculo de
lanzamentos. Novamente o xoven valor da especialidade non defraudou nunha fin de semana, na que puxo de manifesto a súa enorme calidade.
Recén chegado de Castellón co título de campión de España en disco Sub18 baixo o brazo, tivo tempo de tomar parte no campionato indoor de
Valencia e lograr outro título cunha gran superioridade de 18.89 m.
En mullleres a campioa de España do ano pasado sendo Sub16 Aitana Capeáns, asumía o reto de debutar nunha categoría superior logrando
unha excelente medalla de bronce cun mellor lanzamento de 14.55 m. no que cedía tan só, ante dúas atletas dun ano superior.
No resto de actuacións compre salientar os postos de finalistas logrados por:
* _Eva Rouco do Lucus, 4º nos 1.500 m. con 4:55.10. _
* _Eloy Vázquez do At.Barbanza, 5º nos 60 m. 7.09._
* _Sebastián Bascoy do Coruña Comarca, 5º nos 200 m. con 22.68._
* _María Estévez da Gimnástica, 5ª nos 1.500 m. con 4:55.56_
* _Demeku Paniagua de O Pino, 5º nos 3.000 m. con 10:22.29_
* _Adriana Castiñeira do Coruña Comarca, 6ª en altura 1.60 m. _
* _Guillermo Piñeiro da Gimnástica, 7º en 60 valos con 8.20._
* _Irma Vieguela do Ourense At, 7º nos 800 m. con 2:19.62._
* _Paula Conde do Lucus, 8º nos 60 m. con 7.83. _
* _Debris Paniagua de O Pino, 8ª nos 1.500 m. con 4:56.66_