Guido Guía organiza coa barcelonesa Ivet Núñez un paseo literario sobre a novela “Tras la niebla”

O vindeiro 18 de marzo o guía turístico Guido Álvarez organiza un paseo literario polos escenarios da novela negra ambientada en Lugo “Tras la niebla”. Estará acompañado pola súa autora, a escritora e xornalista barcelonesa Ivet Núñez, que ilustrará aos participantes sobre os diferentes escenarios nos que transcorre a trama.

O punto de encontro desta ruta literaria será a Praza Pío XII ás 19h00. Dende alí percorrerase o centro histórico da cidade en busca dos lugares que pisaron os protagonistas da novela. O paseo terá unha duración dunha hora na que os participantes poderán coñecer de primeira man o proceso creativo que seguiu a autora.

A actividade é totalmente gratuíta e as inscricións xa están abertas. Para participar só hai que mandar un correo a guidoguiaturismo@gmail.com reservando unha praza. O libro está dispoñible na Librería Biblos, en Agarimo e en Amazon para todos aqueles que queiran ler a novela antes de desfrutar do paseo. Ademais, os participantes recibirán un presente por parte da autora.

Comparte éste artículo
No hay comentarios