O BNG de Camariñas organiza a charla “A recuperación da Memoria Democrática”

O BNG de Camariñas organiza a charla «A recuperación da Memoria Democrática», ofrecida por Manuel Monge e presentada polo voceiro municipal do BNG, Xurxo Rodríguez. O evento terá lugar este venres 7 de marzo, ás 18:00h, no salón de plenos do Concello de Camariñas.

Manuel Monge, sociólogo e ensaísta, é presidente da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, e foi concelleiro do BNG na Coruña entre 2003 e 2007. Autor dos libros, entre outros, «A historia secuestrada polo franquismo» (2010, Laiovento), «Os restos do franquismo en Galiza» (2022, Laiovento) e «Feijóo: Biografía dun farsante» (2023, Laiovento).

Comparte éste artículo
No hay comentarios