O formato máis innovador da tele autonómica estrea este mércores 5 de marzo o primeiro programa da nova temporada, na plataforma de AGalega
O Odragoiro volve abrir as súas portas! Alexa Evans volta ao seu taller para converter a catro novos famosos en raíñas do drag. A primeira tempada foi estreada en xuño de 2024 e resultou ser un auténtico boom dentro da comunidade galega: tan só co seu primero episodio da primeira tempada de Raíña-me! sumou 200 mil visualizacións en Instagram, 100 mil impresións en twitter e centos de comentarios e quotes nas distintas redes sociais e varias noticias en prensa.
Esta nova produción de Brava volve chegar AGalega con catro novos capítulos, que duplican a duración da primeira temporada e contan con 20 minutos cada un, ampliando o tempo para coñecer máis a fondo aos invitados.
Recentemente, no seu perfil de instagram (@rainame.tv) puidemos coñecer aos valentes que pasarán polo Odragoiro nesta nova entrega: Kiko Novoa, locutor de radio galega, Fátima Pego, cantante e bailarina, Miguel Canalejo, actor e cómico galego, e Carlota Corredera, presentadora top das tardes na televisión. Os catro pasarán polas mans de Alexa Evans cada mércores, en AGalega, ás 20h cun novo programa dispoñible e contido extra nas redes sociais.
A primeira en unirse á aventura é Fátima Pego, que acompañá a Alexa Evans este mércores 5 de marzo na apertura do Odragoiro. Tras a súa partida da panorama, a cantante porase a proba coa nosa raíña nai para saber se ten a madeira de artista 360 e pode gañar este reto de converterse nunha drag!
O equipo
Álvaro González (Madrid, 1997) é un apaixonado da comunicación dixital e a produción audiovisual. Cunha sólida formación que inclúe un Dobre Grao en Xornalismo e Comunicación Audiovisual na UC3M e un período de estudos na Universidade de California, Los Ángeles (UCLA), enfocado en dirección e guión de cine e televisión.
Brava, produtora liderada por Cristela Torres (A Illa de Arousa, 1995) e Bea Villar (A Coruña, 1998), suma outro éxito no seu primeiro ano de vida, mentres sigue producindo diversos formatos e para diferentes soportes como a plataforma AGalega, como a serie Pringadas, nominada nos Premios Mestre Mateo,o programa Contando Historias estreado neste 2025 e a serie A moza que abortou e o contou dispoñible en Filmin. Actualmente ten tres logametraxes en desenvolmento e axiña vai estrear Algo Novo que Contar, unha curtametraxe escrita e dirixida por Paula Pereira co apoio da AGADIC e a Deputación de Pontevedra.