Arranca a 7ª edición da Universidade Sénior nas Pontes con máis de 60 participantes

O mércores 12 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar no Centro Sociocomunitario de As Pontes a inauguración da nova edición do Programa de Democratización do Coñecemento, impulsado pola Universidade Sénior da Universidade da Coruña e dirixido a persoas maiores de 50 anos das Pontes. Nesta edición, 64 persoas maiores de 50 anos participarán nesta iniciativa formativa.

A Universidade Sénior da UDC, co apoio da Xunta de Galicia e en colaboración co Concello de As Pontes, pon en marcha este Programa de Formación Universitaria, que se desenvolverá no Centro Sociocomunitario de As Pontes (Avda. de Ferrol no 23).

O acto de inauguración contará coa presenza da subdirectora da Universidade Sénior, Elena Arce Fariña, e da concelleira de Benestar Social, Igualdade, Educación e Contratación, Tania Pardo Cabarcos.

O programa desenvolverase entre marzo e abril, estruturado en tres módulos temáticos, con sesións teóricas e prácticas impartidas por profesorado da Universidade da Coruña, dous días á semana. As áreas de coñecemento abordadas serán:

MÓDULO I: HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

  • 12 de marzo: “A Dirección Artística no Cine”, Profa. Victoria de León Sanjuán
  • 13 de marzo: “A xestión do común: Unha visión desde a economía e os comics”,
    Prof. Manuel Gómez Suárez
  • 18 de marzo: “Literaturas do Mundo: unha viaxe á orixe dos libros”, Profa. Elena
    Martín Cancela
    MÓDULO II: CIENCIAS DA TERRA E TECNOLOXÍA
  • 26 de marzo: “(Bio)invasións en Galicia: mecanismo, impacto e xestión”, Prof. Sergio Rodríguez Roiloa
  • 27 de marzo: “ADN Antigo e Evolución Humana: unha viaxe ao pasado a través dos nosos xenes”, Profa. Gloria Ma González Fortes
  • 2 de abril: “Descubrindo a Intelixencia Artificial: retos, aplicacións e ferramentas”, Prof. Álvaro Michelena Grandío
    MÓDULO III: CIENCIAS DA VIDA E DA SAÚDE
  • 9 de abril: “Enfermidades Cardiovasculares e Diabetes”, Prof. Luis Saleta Canosa
  • 10 de abril: “O Cambio Climático: causas e consecuencias”, Prof. Salvador Fojón
    Polanco
  • 23 de abril: “Boas Prácticas para o Coidado do Benestar Psicolóxico”, Prof. Carlos
    Freire Rodríguez

Clausura e xornada cultural na Coruña


O programa pecharase cunha xornada de visitas académicas e culturais na Coruña, que culminará co acto de clausura e entrega de diplomas o 24 de abril de 2025.


Con esta iniciativa, a Universidade Sénior reafirma o seu compromiso de achegar a formación universitaria ás persoas maiores de 50 anos da comarca pontesa, dando resposta ás súas inquietudes e necesidades formativas, como vén facendo desde a súa primeira edición en 2018.

Comparte éste artículo
No hay comentarios