O BNG rexeita o aumento do gasto militar proposto por Sánchez e a UE

“Se hai que escoller entre hospitais ou bombas, o BNG escolle hospitais” di Rego mentres alerta de que o aumento do gasto militar irá en detrimento de políticas sociais.

O Bloque Nacionalista Galego expresa o rexeitamento áproposta de aumentar o gasto militar, realizada polo Presidente do Goberno no seo da Unión Europea, e aposta -máis unha vez- pola vía pacífica e dialogada para a resolución de conflitos. Segundo alerta o deputado nacionalista, Néstor Rego, este aumento do gasto irá en detrimento de políticas sociais e alimentará, máis aínda, os intereses e lucros do lobby armamentístico norteamericano. O BNG anuncia que defenderá priorizar o benestar da cidadanía frente a quen quere primar os intereses dos Estados Unidos de América.

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, denuncia a hipocrisía da Unión Europea e o seu silencio cómplice frente ás políticas de carácter inxerencionista eintervencionista dos Estados Unidos de América de Trump. “Non houbo resposta por parte da UE cando hai unha ameaza directa na Palestina, en Panamá ou mesmo ao propio territorio da Unión Europea como é o caso de Groenlandia, territorio de Dinamarca” sinala Rego.

Pola contra, si semella haber resposta “cando se trata de aumentar a escalada militar e apoiar o aumento do gasto en armamento”. A Unión Europea, desvela Rego, aparentemente rexeita a proposta dos EUA pero no fondo Trump é o que desexa: “fíxoo Biden, alimentando a maquinaria bélica e faino Trump exixindo o aumento do gasto militar”.

“O BNG denuncia o aumento do gasto militar proposto porque tamén irá en detrimento de política social. Defendemos e defenderemos priorizar o benestar da cidadanía frentea quen quere primar os intereses dos Estados Unidos e o lobby armamentísticonorteamericano” subliña Néstor Rego.

Se hai que escoller, os 800 000 M€ que vaian para política social

Dos 800 000 M€ que se pretenden destinar a gasto militar, evidencia o deputado do BNG, no mínimo 60% irá parar ás mans do complexo militar-industrial norteamericano en detrimento de políticas sociais. “Temos claro que se hai que escoller entre hospitais e bombas, o BNG escolle hospitais. Se hai que escoller entre escolas e mísiles, o BNG elixe escolas. Entre vivendas ou tanques, vivendas” enfatiza Rego.

Comparte éste artículo
No hay comentarios