O Comité de Memoria Histórica da Comarca de Celanova e o Concello de Celanova, en colaboración do Pacto de Estado contra la Violencia de Género, organizan este sábado, día 15, e o próximo, día 21, as II Xornadas MEMORIA e MULLER, que terán como escenario o Auditorio Municipal de Celanova.
As xornadas comezarán este sábado coa presentación do ensaio «CIUDAD DE LA SELVA», unha obra colectiva de investigación arqueolóxica e histórica publicada en 2024 por Edicións Positivas. A obra revela a importancia da Ciudad de la Selva non só como un elemento –un xacemento– fundamental para comprender o desenvolvemento do fenómeno guerrilleiro no noroeste peninsular e no Estado español, senón tamén como referente memorial no presente.
A presentación, a partir das 16,30 horas, correrá a cargo da antropóloga Olalla Álvarez, co-autora, e do editor, Francisco Macías.
«Esta investigación colectiva asumida polo proxecto Sputnik Labrego, representa un paso determinante na recuperación da historia da guerrilla do noroeste da Península (Galiza, Bierzo, Cabreira), enfocada dun xeito analítico e creativo, coa incorporación de novidosas propostas a través da materialidade arqueolóxica, a apropiación da paisaxe e a presenza con perfil propio da muller, quer nas propias partidas, quer nas redes de enlace, consideradas ambas dentro dun mesmo proceso de resistencia», indica sobre o ensaio o historiador Dionísio Pereira.
As xornadas concluirán o sábado 22, no mesmo escenario, coa presentación ás 20,00 horas da obra teatral «A LOLA», a cargo de Avelaíña Teatro.
Comezan as Xornadas Memoria e Muller coa presentación de «Ciudad de la Selva»
No hay comentarios
No hay comentarios