O PP de Monforte denuncia que pese ás renovacións de tubaxes anunciadas por Tomé seguen a producirse cortes de abastecemento por roturas na rede

Katy Varela sinala que pese aos anuncios realizados polo alcalde situación da rede de abastecemento en Monforte “é precaria” xa que “non se realizan as renovacións necesarias para garantir o correcto servizo”.

Dende o Grupo Municipal do PP de Monforte denuncian que “seguen a producirse cortes no subministro de auga” no municipio “a pesar dos numerosos anuncios de Tomé cos que aseguraba se solucionarían os problemas”.

A voceira popular, Katy Varela, explica que hai uns días que se realizaron as probas necesarias para comprobar a correcta substitución da tubaxe xeral de fundición pola antiga de cemento anterior, paso previo a dar por finalizadas as obras desta substitución.

“Pese a esta renovación, que é importante, seguimos a ter coñecemento de que os veciños da zona Morín e A Estación seguen sufrindo cortes de auga que nada teñen que ver coas obras”, sinalou, ao que engadiu que “onte mesmo houbo cortes de auga e tras chamar á empresa, confirmábase que se trataba dunha nova roturana rede”.

“Queda claro que esta obra é so maquillaxe ante a opinión pública e que os problemas das roturas seguen existindo”, sinalou.

Comparte éste artículo
No hay comentarios