FAPACEL Lugo. «ANPAS esixen melloras nos comedores escolares de Lugo pola mala calidade da comida»

Varias ANPAS asociadas a esta federación comunicáronnos nestes días as queixas das familias sobre o funcionamento dos comedores escolares e mesmo sobre a cantidade e calidade da comida que se está a servir ao alumnado.
Por este motivo convocámoslles a unha xuntanza o pasado día 5 na que se acordou que a FAPACEL presentara un escrito ó Departamento Territorial de Educación, Ciencia,  Formación Profesional e Universidades en Lugo para expoñer a problemática e solicitar unha reunión co responsable dos comedores escolares para exixir que se resolva canto antes esta situación.
Entre os problemas que máis preocupan ás familias están a falta de orzamento nos comedores de xestión directa ou a falta de profesionalización do persoal coidador do comedor.  

Dende a FAPACEL insistimos de novo en que o servizo de comedor escolar non é meramente un servizo de alimentación, senon que debe ser un espazo educativo no cal a labor pedagóxica sega presente e como piar de conciliación familiar, coma tamén un espazo de labor social necesario, maiormente para o alumnado cuns recursos económicos baixos.

Os comedores de xestión directa teñen que ser un modelo de seervizo complementario e educativo.

Comparte éste artículo
No hay comentarios