“O Goberno debe abandonar a senda militarista e adoptar unha política internacional comprometida coa paz, o diálogo e a cooperación entre os pobos” di Rego.
O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, trasladou ao Presidente do Goberno do Estado, Pedro Sánchez, o rexeitamento frontal do Bloque Nacionalista Galego ás intencións do executivo e da Unión Europea de incrementar de forma desmesurada o gasto militar. «Non podemos aceptar que se prioricen os fondos públicos para alimentar a guerra no canto de investilos en políticas sociais, sanidade, educación ou en garantir unha transición ecolóxica xusta» asegurou Rego tras o encontro.
O deputado nacionalista acudiu á reunión mantendo con claridade a posición política do BNG: Galiza aposta pola paz, polo antimilitarismo e polo dereito dos pobos a decidir o seu futuro sen inxerencias. «O aumento do gasto en Defensa responde a unha lóxica belicista que non compartimos. Frente ao imperialismo e á escalada militarista da Unión Europea e os Estados Unidos de América, defendemos a cooperación entre pobos, a diplomacia e o desarmamento» reivindica Rego.
Aumentar o gasto en Defensa é unha decisión política, non unha necesidade
Néstor Rego asegurou que “a mellor forma de garantir a seguranza da cidadanía é investir en servizos públicos de calidade, en mellorar as condicións de vida das maiorías sociais e en fortalecer un sistema de benestar que protexa as persoas. Non en alimentar unha industria armamentística que só beneficia os grandes lobbies, sobre todo o norteamericano, e perpetúa os conflitos».
O deputado do BNG criticou que o Estado español destine miles de millóns de euros á compra de armamento mentres a crise social e económica segue castigando as clasespopulares. «É escandaloso que se fale de incrementar o gasto militar cando milleiros de persoas na Galiza e no Estado seguen tendo dificultades para chegar a fin de mes. Precísanse de máis recursos para subir as pensións ou para reforzar a sanidade pública e non para satisfacer as exixencias da OTAN, dos EUA e os intereses da súa industria armamentística» asevera Néstor Rego.
Neste sentido, Rego sinala que aumentar o gasto militar “só contribuirá a escalar, máis aínda, os diferentes conflitos existentes a día de hoxe” e suporá “unha grave ameaza para a cidadanía”. A organización nacionalista demanda ao Presidente do Gobernoabandonar esta senda militarista e adoptar un cambio de rumbo na política internacional.
Alternativas para unha política de paz e cooperación
O BNG defende unha política exterior alternativa que teña como eixos a cooperación entre pobos, o reforzo do multilateralismo e o impulso de medidas de desarmamento. «A UE está converténdose nun actor belicista, seguindo as directrices da OTAN, no canto de apostar por unha política internacional baseada no diálogo e no respecto á soberanía dos pobos” incide Rego.
Neste sentido, Néstor Rego aproveitou a reunión co Presidente do Goberno para instalo a reconsiderar a súa postura e a apostar por unha política internacional que promova a paz en lugar de contribuír á militarización do continente. «Non imos ser cómplices desta lóxica da guerra. Desde a Galiza, demandamos unha política exterior baseada na paz, na cooperación e no respecto á soberanía dos pobos» sinala.
“O BNG reitera o seu compromiso cun mundo máis xusto e solidario e opoñémonos con firmeza a calquera medida que supoña un paso máis cara á militarización da sociedade. Reivindicamos que os recursos públicos deben empregarse para mellorar a vida da cidadanía, non para alimentar conflitos que só benefician ás grandes potencias e ás empresas de armamento” finda o deputado do BNG.
Reunión absurda e inútil del Presidente Sánchez para hacerse fotografías con los parlamentarios de todos los partidos ,sin clarificar nada.En el Parlamento es dónde deben hablar de los temas de Defensa y lo demás son los cuentos de siempre para visibilizar unas reuniones que no tienen sentido alguno aunque Sánchez quiera dar apariencia de que está gobernando.Es evidente que nada ha preparado Sánchez para informar a los demás partidos políticos y hará como siempre en sus Consejos de Ministros haciéndo «por decreto ley»lo que quiera sin control alguno de nadie .Néstor Rego le está siguiendo el cuento como harán todos los demás visitantes a Moncloa que saldrán contentos sin saber nada de lo que Sánchez tiene en su mente y para eso,los diputados que asisten estában mejor quedándose en su casa. No verán documentos y estudios acerca del dinero a invertir y de dónde saldrá y sin eso estamos ante puestas en escena ridículas e infantiles.