Peticións de Sociedade Galega de Historia Natural ao MITERD en relación co proxecto de Altri-Greenfiber

Desatendendo todas as alegacións de SGHN, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia publicou no Diario Oficial de Galicia de a declaración de impacto ambiental favorable para «o proxecto industrial estratéxico da industria de fibra téxtil a base de celulosa e as súas infraestruturas asociadas».

Os promotores condicionan a execución do proxecto á concesión de 250 millóns de euros dos Fondos NextGeneration polo Goberno de España e á construción dunha subestación eléctrica para o seu abastecemento enerxético.

Pero a realización do proxecto conlevaría o incumprimento de 3 dos 6 obxectivos ambientais definidos no artigo17 do Regulamento de Taxonomía, os relativos á utilización e protección sostibles dos recursos hídricos e mariños, a prevención e o control da contaminación, e a protección e restauración da biodiversidade e os ecosistemas. Polo tanto, o proyecto incumpriría claramente o «Principio de non causar prexuízo significativo ao medio ambiente (DNSH)» e non é elixible para a concesión dos Fondos Next Generation.

Polo devandito, SGHN ven de dirixise á Ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico pedíndolle que:

  •  Informe desfavorablemente a concesión de Fondos Next Generation para o proxecto GREENFIBER de construír unha fábrica de celulosa e fibras téxtiles en Palas de Rei (Lugo), con afeccións tamén aos concellos de Melide e Santiso (ACoruña) e Agolada (Pontevedra) .
  • Non autorice a construción da subestación eléctrica solicitada para o proxecto.
Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios