Un motorista ferido nun accidente en Betanzos ao chocar contra un coche

Unha colisión entre un coche e unha moto na AC-542, no concello de Betanzos, saldouse cun ferido que foi trasladado ao CHUAC. O accidente tivo lugar á altura do punto quilométrico 2 e mobilizou aos bombeiros do parque provincial de Betanzos, aos servizos médicos do 061 e á Garda Civil.

O ferido foi evacuado ao Hospital Universitario da Coruña para recibir atención médica


Foto. Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento A Coruña

Etiquetas
Comparte éste artículo
No hay comentarios